Sunday 05 de May de 2024

O ordense Alberto Martínez consegue o Campionato Galego e Norte de España de Fisioculturismo e Fitness


O Concello de Ordes felicita a Alberto Martínez Villaverde tras acadar a primeira posición no Campionato Galego e Norte de España de Fisioculturismo e Fitness na categoría Men’s Physique Júnior. Unha proba disputada esta pasada fin de semana en Pontevedra, no auditorio Príncipe Felipe, e que contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Alberto Martínez, do equipo David García Trainer de Vilagarcía, competía na categoría de menores de 23 anos. Xa ten confirmada a súa participación na Olimpíada Nacional que terá lugar en Cambados os próximos días 19 e 20 de maio.